Organizan un programa grupal para a mellora do sono en Ames
Comezará o luns 19 e terá sete sesións de hora e media

Organizan un programa grupal para a mellora do sono en Ames
O departamento de Promoción da Saúde do Concello de Ames organiza un programa grupal para a mellora da calidade do sono, dirixido a persoas que teñan dificultades para conciliar o sono ou que desexen mellorar a calidade do seu descanso.
O programa comezará o vindeiro luns día 19 de maio e está composto por un total de sete sesións de hora e media de duración nas que se ofrecerán diferentes ferramentas prácticas e de apoio mutuo para que os participantes melloren a calidade do seu sono.
A formación desenvolverase os luns, en horario de 17.00 a 18.30 horas, no Pazo da Peregrina. Hai 20 prazas dispoñibles, podendo realizarse a inscrición a través da web municipal. Terán prioridade as persoas empadroadas no concello de Ames. No caso de recibir un número de inscricións superior ás prazas ofertadas, estas adxudicaranse por sorteo.

Cartel do programa para a mellora da calidade de sono do Concello de Ames / Cedida
Este programa enmárcase dentro do I Plan de Benestar Emocional e Saúde Mental do Concello de Ames, posto en marcha a finais de 2024, unha iniciativa pioneira que ten como obxectivo previr, promover e atender a saúde mental e o benestar emocional da veciñanza amesá. Deste xeito, con esta iniciativa preténdese atender as necesidades reais da poboación e mellorar así o seu benestar mental e a calidade de vida.
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: la concelleira descarta a Borja Iglesias
- Netflix regresa a Galicia con la serie que acerca la historia real de la narcotraficante detrás del mayor alijo de cocaína incautado en los 90
- Una heladería de Santiago, entre las favoritas de los mejores heladeros de España
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día
- El rincón marinero a 40 minutos de Santiago donde veranea Christian Gálvez: paseos de dos kilómetros junto al mar, el mejor marisco y un jardín único en Europa
- Burger King cancela su colaboración con el gallego El Xocas: 'Sus declaraciones no representan los valores que defendemos
- El Santiago que no pudo ser: así habría cambiado la ciudad con la gran avenida que iba a unir Porta Faxeira con el Obradoiro
- El juzgado admite a trámite una demanda de Galicia y Andalucía contra la Federación Española de Pesca por excluirlas del mapa de campeonatos nacionales
