Camariñas volve ter conexión a Internet tras dez días sen servizo
A compañía R Cable restableceuno ás oito da tarde deste venres

Imaxe da fachada marítima de Camariñas. / José Manuel Ramos Lavandeira
A compañía de telefonía R Cable conseguiu restablecer na tarde desde venres o acceso a Internet nas zonas do territorio municipal de Camariñas que permaneceron dez días sen ese servizo.
O restablecemento prodúxose en torno ás oito da tarde do venres. Ese mesmo día, a alcaldesa, Sandra Insua, enviáralle unha reclamación á compañía urxíndoa a restablecer o servizo de acceso a Internet en todas as zonas afectadas do municipio á maior brevidade.
Na súa carta, a rexedora manifestaba a súa «enérxica protesta» debido á interrupción do servizo de acceso a Internet que afectou a varias zonas do concello desde o martes 29 de abril, e que ocasionou «graves prexuízos tanto aos cidadáns particulares como ao funcionamento de empresas e servizos esenciais». Esta incidencia xa foi comunicada á empresa en reiteradas ocasións, solicitando unha solución urxente.
Insua advertía que a situación era especialmente preocupante «dado que se prolonga xa durante varios días sen que, ata o momento, se teña restablecido o servizo nin se nos teña proporcionado unha explicación satisfactoria nin un prazo estimado para a súa resolución», e pedía a R Cable que restablecese o servizo, informase das causas da súa interrupción e considerase as compensacións pertinentes aos afectados.
- Aire polar, temperaturas bajo cero y fuertes heladas: Galicia se prepara para un fin de semana gélido
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El Ensanche celebra el plan para Santiago de Chile pero pide más aparcamiento: «Lo ideal es el modelo de Pontevedra»
- Oleada de robos: vecinos de Ames recurren a grupos de Whatsapp para avisar sobre «movimientos sospechosos»
- Rebelión a bordo: la flota de bajura inicia el lunes un amarre indefinido ante las duras normas que impone la UE
- El conflicto en los autobuses se encalla en la provincia de A Coruña y avanza hacia la huelga indefinida
- Cortado el tráfico en una de las calles de la milla de oro de Santiago
- Los taxistas presionan a Raxoi para que sancione a los VTC tras acumular ya más de cien infracciones