Concellos do Camiño Francés renovan no Pino a súa aposta pola cooperación
O arcebispo de Santiago e o director de Turismo de Galicia sumáronse á asemblea xeral dunha asociación formada por 116 municipios

Asemblea da AMCS, con monseñor Prieto e Xosé Merelles, 4º e 5º pola esqda., respectivamente. / CEDIDA
«O Camiño está máis vivo que nunca». A frase é de Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia, durante a súa intervención, onte, na asemblea xeral que a Asociación de Municipios del Camino de Santiago (AMCS) celebrou en Pedrouzos, no Pino, precisamente o concello galego con máis quilómetros do Camiño Francés (exactamente, 18).

Representantes municipales participantes na asemblea xeral da Asociación de Municipios del Camino de Santiago celebrada no Concello do Pino / CEDIDA
Segundo detallou Merelles, no que vai de ano case 97.000 persoas recolleron a súa Compostela, un 8% máis que o ano pasado. E delas, preto dun 47% —algo máis de 45.000— percorreron o Camiño Francés. Con estas cifras de comezo do ano, a Xunta de Galicia confía en superar o total de peregrinos contabilizado en 2024, cando máis de 236.000 camiñantes chegaron a Compostela tras completar o itinerario francés.
Na súa intervención, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, destacou precisamente a dimensión espiritual e cultural do Camiño como «vía de encontro de pobos e xeracións».
A día de hoxe, a AMCS, creada hai dez anos en Burgos, está integrada por 116 municipios que defenden a importancia da cooperación para avanzar na preservación da ruta xacobea. Así o expresaba na asemblea o presidente da entidade. «Celebramos diez años caminando juntos, con una asociación que ha sabido crecer en cohesión, compromiso y capacidad de gestión. El Camino nos une más allá de diferencias políticas; lo que compartimos es una misma responsabilidad por preservar este patrimonio mundial y hacerlo accesible a todos», sinalou Carlos Serrano, alcalde de Jaca.

Na asemblea xeral da AMCS participaron o arcebispo compostelán e o director de Turismo de Galicia / CEDIDA
Un traballo que gabou o director de Turismo de Galicia. Segundo Merelles, os obxectivos da AMCS alíñanse coa estratexia da Xunta, especialmente no que atinxe á preservación da ruta xacobea e á súa sostibilidade, en canto á «capacidade de xerar proxectos dotados das infraestruturas adecuadas e respectuosas co medio ambiente e a poboación».
140 millóns para os Camiños de Santiago
Neste sentido, o responsable de Turismo de Galicia referiuse ao Plan Director dos Camiños de Santiago en Galicia 2022-2027, que supón a folla de ruta do Goberno de Alfonso Rueda de cara ao Xacobeo 2027. Entre outros aspectos, o documento recolle a necesidade de fortalecer a posta en valor dos recursos patrimoniais, así como de innovar en dixitalización desde criterios sostibles. O mencionado plan está dotado con 140 millóns de euros.
Rematada a asemblea, os alcaldes participantes no encontro realizaron unha visita guiada á zona histórica de Santiago de Compostela. A reunión conclúe este domingo coa tradicional ofrenda ao Apóstolo na Catedral.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días


