Negreira renova as pistas de tenis con 80.000 € do Plan Único da Deputación
Formoso subliña a aposta da Deputación por mellorar as instalacións deportivas da provincia

Formoso e Leis, 1º dereita, tras descubrir a placa conmemorativa da reforma ante dous rapaces. / CEDIDA
Negreira loce pistas de tenis renovadas trala reforma financiada con cargo ao Plan Único (POS+) da Deputación coruñesa. Una actuación que permitiu destinar 80.000 euros a substituír o pavimento da instalación con formigón poroso e dotala de novo equipamento ante o deteriorado estado que presentaban as súas redes, liñas de xogo e postes de suxeición. Había quince anos que non se renovaba unha infraestrutura deportiva que fora inaugurada máis de tres décadas atrás.

Fotografía de familia trala inauguración das renovadas pistas de tenis de Pedra Mámoa, en Negreira / CEDIDA
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, participaron onte no acto de inauguración das renovadas pistas, situadas en Pedra Mámoa.
Ao acto asistiron tamén a deputada de Política Social e concelleira de Deportes, Mar García Vidal, e o presidente do Club de Tenis de Negreira, Jesús Mariño, así como integrantes da Escola Municipal de Tenis e veciños.
Na súa intervención, Formoso subliñou a aposta da Deputación por mellorar as infraestruturas deportivas da provincia. «Este tipo de instalacións teñen un valor social importante. Grazas ao Plan Único, podemos destinar cada vez máis fondos e poñelos ao servizo dos concellos, que son os que mellor coñecen as necesidades da súa veciñanza», afirmou.
O POS+, ferramenta de cooperación
Segundo dixo, Negreira é un dos concellos que está aproveitando «de forma exemplar» esta «ferramenta de cooperación municipal». Neste sentido, explicou que nos últimos dez anos a Deputación destinou 8,2 millóns de euros a este concello a través do Plan Único. Con esa partida foi posible financiar 35 obras de moi distinta índole, dende pavimentación de camiños ou mellora das redes de saneamento e abastecemento de auga, ata proxectos como o inaugurado onte.
Para o rexedor de Negreira, a renovación das pistas de tenis era «necesaria», xa que permite recuperar unha instalación moi utilizada. Leis tamén puxo en valor o impacto do Plan Único na xestión municipal. «É un instrumento fundamental que nos permite executar investimentos relevantes para o benestar da nosa veciñanza, e ademais facelo con autonomía local, xa que somos os propios concellos os que decidimos a que obras ou servizos destinar os fondos», sostivo.
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- Los gallegos son fieles a la leña: 'Es lo más barato para calentar la casa
- Rescate de película en Pontepedriña: los bomberos socorren a dos jóvenes atrapados en un edificio en llamas
- Mutualistas desesperados: más de 4.000 gallegos están desatendidos
- El doctor González Juanatey se jubila tras casi 20 años como jefe de Cardiología del CHUS
- Nivel rojo por la crecida del Sar y Tambre desbordado en Ames con su molino en jaque
- Gonzalo Rodríguez: «Siempre estaré agradecido de entrenar al equipo de mi corazón»


