INFRAESTRUTURAS
A Xunta reforza a mobilidade peonil na AC-421 ao seu paso por Agualada, en Coristanco
O proxecto inclúe unha senda para peóns e as obras executaranse este ano

O alcalde, á esquerda, e a delegada da Xunta, á dereita, durante unha visita a Agualada / X. G.
A Xunta publicou este luns, 12 de maio no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da convocatoria dos actos expropiatorios para executar as obras de acondicionamento da AC-421 na Agualada (Coristanco). Esta intervención suporá un investimento de case 764.000€, e na mesma inclúese a execución dunha senda peonil, a mellora de beiravías, do firme e da drenaxe.
Os actos para o levantamento das actas previas á ocupación están convocados para o vindeiro día 5 de xuño, das 10.30 ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Coristanco. A formalización levarase a cabo o día 9 de setembro, das 10.30 ás 10.45 horas, no mesmo lugar.
A Xunta ten como obxectivo licitar a execución das obras ao longo deste ano. Os traballos contan cun prazo de execución de 6 meses.
As obras proxectadas consistirán na reorganización de espazos e a mellora dos pavimentos no tramo de travesía da AC-421 comprendido entre o punto quilométrico 0 e o 0+135, ampliando beirarrúas coa diminución do ancho de calzada e redistribuíndo as zonas de aparcamento, dando maior protagonismo ao peón.
Comunicaranse co núcleo de Agualada as vivendas dispersas situadas ao longo de estrada ata o punto quilométrico 0+750 mediante unha senda pola marxe dereita. Na actualidade, este tramo carece de beiravía ou beirarrúa, polo que con esta actuación perséguese o fomento da mobilidade sostible en condicións seguras.
Doutra banda, para mellorar a drenaxe da vía darase continuidade á cuneta formigonada existente no quilómetro 0+980 pola marxe esquerda ata as casas situadas no punto 0+750. Ademais, entre os puntos quilométricos 0+712 e 0+727, coincidindo co cruzamento sobre o río Calvar, acometerase unha pasarela de madeira de 15 metros de longo apoiada en estribos cargadeiro de formigón.
Tamén se levará a cabo a rehabilitación do firme entre os puntos quilómetros 0 e 0+980, no enlace coa autoestrada A Coruña-Carballo (AG-55), incluíndo a execución dunha cuneta de seguridade pola marxe esquerda entre os puntos quilométricos 0+750 e 0+980.
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- El lobo mata tres perros en el rural de Santiago: 'La gente no quiere salir al monte
- Buscan «parejas reales» en Santiago para participar en lo que parece la nueva serie de época de Vaca Films
- Comer 'por menos de 6 euros': tres restaurantes de Santiago que adoran los estudiantes
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- Drones y puertas marcadas en Ames: ¿‘modus operandi’ de la Banda del Volvo?
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo


