Ames acolle unha charla sobre o novo regulamento de estranxeiría
Será o martes 20 de maio na Casa da Cultura do Milladoiro

Varios inmigrantes procedentes de Mali, acogidos en O Monte do Gozo este verano / E.P.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, colabora na organización da charla informativa para persoas migrantes sobre o novo regulamento de estranxeiría, unha actividade que se vai impartir o vindeiro martes 20 de maio, a partir das 10.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta charla está financiada polo Ministerio de Política Territorial do Goberno de España, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e conta tamén coa colaboración da Federación Española de Municipios y Provincias.

Cartel da charla sobre a lei de estranxeiría en Ames / Cedida
A charla comezará ás 10.00 horas coa presentación da mesma, á que seguirá unha actividade informativa sobre o novo regulamento de estranxeiría que impartira o xefe da Oficina de Estranxeiría da Coruña, Julio Simón. A partir das 12.00 horas ofrecerase asesoramento en trámites e xestións habituais na Administración electrónica; e ás 12.30 horas abordarase a tramitación do certificado dixital ou cl@ve permanente con informáticos da Subdelegación do Goberno.
Para participar nesta actividade ofértanse cincuenta prazas (25 para persoal técnico e 25 para público en xeral). Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico a servizos_sociaismilla@concellodeames.gal e as inscrición faranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. A data límite para inscribirse é este venres 16 de maio.
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: la concelleira descarta a Borja Iglesias
- Netflix regresa a Galicia con la serie que acerca la historia real de la narcotraficante detrás del mayor alijo de cocaína incautado en los 90
- Una heladería de Santiago, entre las favoritas de los mejores heladeros de España
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día
- El rincón marinero a 40 minutos de Santiago donde veranea Christian Gálvez: paseos de dos kilómetros junto al mar, el mejor marisco y un jardín único en Europa
- Burger King cancela su colaboración con el gallego El Xocas: 'Sus declaraciones no representan los valores que defendemos
- El Santiago que no pudo ser: así habría cambiado la ciudad con la gran avenida que iba a unir Porta Faxeira con el Obradoiro
- El juzgado admite a trámite una demanda de Galicia y Andalucía contra la Federación Española de Pesca por excluirlas del mapa de campeonatos nacionales