Ames lanza unha liña de axudas para entidades sociais dotada con 60.000 euros
Apoiaranse proxectos relacionados coa inclusión, a concienciación sobre enfermidades e adiccións e a formación laboral específica

Dependencias do departamento de Servizos Sociais de Ames. / Cedida
Redacción
O Concello de Ames ten aberta ata o nove de xuño a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social que favorezan a inclusión social, a saúde pública ou a formación laboral.
Ao igual que en 2024, a contía total volve acadar os 60.000 euros. A tramitación para solicitar estas axudas debe facerse a través da sede electrónica do Concello de Ames.
Os obxectivos son a promoción da inclusión social de colectivos con dificultades de inserción; a instauración de programas de base comunitaria que desenvolvan accións preventivas; a intervención e o seguimento de persoas en risco de exclusión social; a realización de xornadas, charlas e divulgación dos efectos de determinadas enfermidades e adiccións ou a formación básica e laboral adaptada ás necesidades de persoas con diversidade funcional.
Cada entidade poderá optar a unha axuda máxima de 7.500 euros por proxecto de actuación, cun máximo de 3 propostas.
A convocatoria divídese en 3 liñas subvencionables, imputando 40.000 euros á de proxectos de inclusión social ou de convivencia; 5.000 euros á de xornadas, charlas e, en xeral, divulgación dos efectos de determinadas enfermidades, adiccións ou outras problemáticas de índole sanitario; e 15.000 euros á de actuacións destinadas a adquirir capacitación persoal, formación básica e de tipo laboral específica.
Poderán optar a estas subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro legalmente constituídas, que realicen actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios, e que desenvolvan a súa actuación, entre outros ámbitos, en Ames.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa