Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Familias do CEIP Ventín piden a dimisión do equipo directivo: "Non é normal chegar ata este punto"

Dende a ANPA explican que hai "un gran descontento co funcionamento actual do centro"

Imaxen dunha protesta recente de docentes, familias e estudiantes do CEP de Ventín

Imaxen dunha protesta recente de docentes, familias e estudiantes do CEP de Ventín / Cedida

Anxo Bentrón

Anxo Bentrón

Ames

O distanciamento e os problemas entre as familias do CEP Ventín, no Milladoiro, e o equipo directivo do centro, alcanzaron este venres unha nova dimensión, despois da creación dunha campaña aberta na plataforma Change.og na que se pide a dimisión da dirección e que leva xa máis de 130 sinaturas recollidas.

Dende a ANPA do centro explican que é "unha petición que xorde das familias", pero que é unha mostra clara do "gran descontento que hai co funcionamento actual no centro". "É unha situación que se foi agravando, e non é normal chegar ata este punto", puntualizan.

Neste sentido, dende a Asociación de Nais e Pais explican que a situación está "enrevesada" dende principios de curso, cando se produciron mobilizacións no centro para protestar pola falta de docentes. Ademais, tamén explicaron que a supresión das actividades extraescolares a principios do ano "foi un problema engadido". "Dende a ANPA pedimos ao equipo directivo que recapaciten e volver á normalidade", describiron ao respecto.

Tamén puxeron o foco dende a ANPA nos problemas de convivencia. "Nun centro tan grande ao final é normal que existan problemas de convivencia, pero é que as familias non comprendemos que si os hai non se traten do xeito adecuado", indican.

Tracking Pixel Contents