Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Concello e a Deputación da Coruña mellorarán trece rúas de Melide

Investirán 300.000 euros na renovación do firme, a limpeza de cunetas e a reposición da sinalización

Valentín González, esquerda, e José Manuel Pérez, asinando o convenio.

Valentín González, esquerda, e José Manuel Pérez, asinando o convenio. / Cedida

Redacción

Melide

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, asinaron un convenio de colaboración para a execución de obras de mellora en trece rúas do municipio, cun investimento total de 300.000 euros. A administración provincial aportarrá 240.000 euros, e a local os 60.000 euros restantes.

As actuacións previstas inclúen a reparación do firme, a pavimentación, a apertura e limpeza de cunetas e a renovación da sinalización horizontal nas rúas Alfredo Álvarez González, Alcalde Andrés Rodríguez Martínez, Xoán XXIII, Sofía Casanova, Pastor Barral Camoiras, Bocelo, Rañado, Pilar e San Salvador; os camiños de Meire, Cabanelas, Arribas e Gondolín-Garea;e o acceso á cooperativa.

«Son rúas que levaban anos agardando unha intervención», sinalou Valentín González Formoso.

TEMAS

Tracking Pixel Contents