Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Concello de Ames lanza unha campaña para minimizar a expansión da velutina

O departamento de Medio Ambiente repartirá 200 unidades de líquido atrainte de raíñas e aportaranse instrucións básicas para colocar trampas

Niño de avespas velutinas

Niño de avespas velutinas / ECG

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ames

O Concello de Ames porá en marcha o vindeiro martes 20 de maio, por sétimo ano consecutivo, a campaña de captura responsable de raíñas de avespa velutina.

En primeiro lugar, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, repartiranse 200 unidades de líquido atrainte de raíñas, xunto con instrucións para o correcto uso das trampas.

Esta acción formará parte do primeiro período da campaña, durante os meses de maio e xuño, e as persoas que colaboren na mesma deberán asinar un compromiso para garantir que o trampeo se realizará só durante estes dous meses e utilizando exclusivamente o líquido facilitado polo departamento municipal.

O Concello fará un seguimento telefónico do proceso para ir avaliando en que parroquias e zonas do municipio hai unha maior incidencia desta especie invasora. Así mesmo, finalizado o período de trampeo informarase sobre a conveniencia de retirar as trampas para non danar outras especies.

Por outra banda, nos meses de setembro e outubro terá lugar a segunda etapa da campaña, co obxectivo de apresar as novas raíñas existentes despois do primeiro período.

As persoas interesaadas en colaborar nesta campaña poderán recoller unha destas unidades de liquido atrainte na Casa do Concello, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Tracking Pixel Contents