17 MAIO
Obradoiros, conversas, artesanía, xogos, música e libros no Festiletras do Couto
A Fundación Eduardo Pondal entregou os Premios Bos e Xenerosos

A aldea pontecesana do Couto viviu un animada xornada do Festiletras / Cedida
A aldea do Couto (Ponteceso) converteuse, un ano máis, nun dos epicentros da festividade do 17 de maio co seu Festiletras, que suma xa máis de catro décadas poñendo en valor a cultura e a lingua galega.
A escritora Fina Casalderrey exerceu de pregoeira dunha festa na que houbo obradoiros de cesteiría, zocos e de interpretación e construción de pandeiretas, unha palestra de Letras con Xabier Díaz e actuacións de baile tradicional a cargo de Olga Kirk.

A artesanía é, un ano máis, protagonista do Festiletras do Couto / Cedida
As exposicións de artesanía e libros foron outros do pratos fortes da xornada, xunto cun roteiro teatralizado guiado por Yago Espasandín. Os participantes fixeron un alto no camiño para participar da inauguración do mural Cantareiras, obra de Yoseba MP.
Houbo tamén conversas sobre as músicas de raíz con Xabier Blanco, foliada infantil, sesión vermú con Bestas e xogos tradicionais da man do Museo Etnolúdico de Galicia, que dirixe Ricardo Pérez y Verdes.

A música non deixou de animar a festa no Couto / Cedida
A Cova Céltica xuntou na sede da Fundación Eduardo Pondal aos escritores Marta Villar, Domingo Blanco, Antonio Reigosa, José Manuel Fernández Pensado, Xosé Manuel Varela e Patricia Blanco.
Logo dunha misa cantada en galego por Irma Macías e Luís Pinto, celebrouse á tradicional ofrenda floral colectiva no monolito de Eduardo Pondal situado no adro da igrexa Couto.

O Couto xuntou na Festiletras a xente de todas as idades / Cedida
Outro dos actos centrais foi a entrega dos Premios Bos e Xenerosos, que este ano recibiron Leilía, a Agrupación Folklórica Aturuxo, Milladoiro e o académino Antonio Santamarina.
O peche á Festiletras chegou cos concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Catuxa Salom.
Música e solidariedade en Cabana
Pola súa banda, en Cabana, as corais de San Martín de Cesullas e Canduas, as Cantareiras de Anos, Matilde Vilariño, Icía e Pablo Díaz, a Escola Municipal de Teatro e o grupo Son de Cabana amenizaron a xornada festivas das Letras Galegas.

Unha das actuacións musicais na festa das Letras Galegas en Cabana / C. Cabana
Foi unha xornada chea de cultura, música e solidariedade para reivindicar a riqueza do noso idioma e as tradicións. Ao acto sumáronse tamén a xunta local da Asociación Española contra o Cancro (AECC) e Cáritas de Cesullas, Canduas e Borneiro.
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- La patronal acepta la mediación pero de momento la huelga de buses se mantiene en Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?
- La alerta roja se desactiva en A Coruña: breve tregua antes de la borrasca 'Ingrid', que traerá frío y nieve a 400 metros