A actuación de Antía Muíño pechará en Padrón o Letreseo
Será o venres 23 de maio no Museo Camilo José de Cela

Antía Muíño / Cedida
O vindeiro venres 23 de maio o Museo Camilo José Cela de Iria Flavia, en Padrón, acollerá a actuación de Antía Muíño, que servirá como peche do programa Letreseo, organizado pola Fundación Camilo José Cela e que este ano celebra unha edición especial, xa que se cumpre o trixésimo aniversario da concesión do Premio Cervantes ao autor padronés.
Antía Muíño é unha das revelacións da nova canción galega. Con Carta Aberta, o seu álbum de debut, alcanzou os case 2 millóns de reproducións e foi escollida embaixadora de Spotify España na súa playlist EQUAL.
O seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción alternativa de autora e a música tradicional, unha viaxe entre estilos perfectamente guiada pola súa máxica voz. Na súa aínda curta carreira, actuou en festivais tan diversos como o Jazzaldia (Donosti), Veranos de la Villa (Madrid) ou Os Xoves de Códax (Cambados).
En directo, Antía Muíño acompaña a súa voz ás veces de guitarra clásica e ás veces de pandeireta, intercalando a intimidade e o virtuosismo das súas autorías coa potencia da percusión e o canto tradicional. Completan o cuarteto Miguel Arribas ao saxo e o teclado, Ton Risco ás percusións e Yudit Almeida ao contrabaixo.
Neste concerto especial do Letreseo suma novo repertorio ás aclamadas cancións de Carta Aberta, como os seus máis recentes sinxelos e algunhas novas achegas da tradición oral. O concerto será ás 20.00 horas e as entradas poden adquirirse a través de entradium.com.
- Ganadera en Melide e 'influencer' del rural: «A mi padre le decían: 'Qué pena que no sea un chaval para poder conducir el tractor'»
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Nueva subida del Tambre y reunión vecinal ante los desperfectos en los históricos molinos de A Ponte Maceira
- Santiago despide a Pepe del Latino, un referente de la hostelería en el Ensanche
- Carlos Cuerpo sitúa a Galicia en la “ventana de oportunidad” del nuevo ciclo económico
- Nieve, tormentas y lluvias torrenciales: la borrasca Marta ya se acerca a Galicia mientras continúa el azote de Leonardo
