A primeira comunidade enerxética de Ames verá a luz pronto para mellorar "a calidade de vida no concello"
A asemblea constituínte terá lugar no Pazo da Peregrina
Esta ferramenta é resultado de meses de traballo desenvolvido pola Oficina de Transformación Comunitaria e Concello

Visita á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Lens / Cedida
Tras meses de traballo colaborativo entre a Oficina de Transformación Comunitaria e o Concello de Ames, o municipio celebrará a vindeira semana un fito clave coa creación oficial de CE Ames Solar, unha ferramenta xurídica sen ánimo de lucro que regulará as comunidades enerxéticas da localidade.
A asemblea constituínte terá lugar o martes 27 de maio no Pazo da Peregrina, coa primeira convocatoria ás 19.00 horas e a segunda ás 19.30. Ames únese así á crecente rede de concellos galegos que apostan por este modelo enerxético participativo, onde as comunidades enerxéticas xa están a xerar importantes beneficios económicos e ambientais para os seus participantes.
Este proxecto naceu no ano 2022, despois dunha xuntanza en Bruxelas do alcalde, Blas García, co eurodeputado Nicolás González Casares, membro da comisión de enerxía, que trasladou ao Concello de Ames as claves a nivel local para abordar os retos enerxéticos en termos de eficiencia e aforro.
A iniciativa encádrase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado por fondos Next Generation EU, a Deputación da Coruña e o Concello de Ames, que fixeron posible a creación da Oficina de Transformación Comunitaria de Ames no ano 2024. Desde entón, o equipo técnico realizou unha avaliación enerxética intensiva do municipio, identificando un potencial significativo para o desenvolvemento de enerxías renovables na zona.
Durante os últimos oito meses, realizáronse varias sesións informativas e obradoiros participativos en zonas urbanas e en diversas parroquias do municipio, así como noutros concellos, onde os veciños expresaron o seu interese en participar nesta iniciativa. Ademais, un estudo técnico preliminar identificou varias cubertas municipais que resultan óptimas para a instalación de paneis fotovoltaicos.
Todos os residentes, organización e empresas interesadas en participar no proxecto poden asisitir á asemblea constituínte. Durante a reunión, presentaranse os estatutos, o plan de acción e as modalidades para a participación na Comunidade Enerxética.
CE Ames Solar é un proxecto aberto, participativo e sostible que busca contribuír a mellorar a "calidade de vida no concello e á loita contra o cambio climático desde unha perspectiva local".
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego

