Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

Carballo proxecta unha gran área deportiva na Lagoa

Incluirá diversas instalacións, unha praza pública, sendas peonís e zonas verdes

Plano da gran área deportiva proxectada na zona da Lagoa, en Carballo

Plano da gran área deportiva proxectada na zona da Lagoa, en Carballo / C. C.

Carballo

A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou de xeito inicial o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) para a implantación dunha área deportiva na Lagoa. Afecta a un ámbito de 81.551 metros cadrados, no que se realizará unha intervención urbanística cunha dobre finalidade: proxectar un espazo para novas instalacións deportivas e aproveitar un entorno natural para que se poida empregar para a práctica do deporte.

O plan establece 25.356 m2 para emprazar as instalacións deportivas; 37.751 m2 para adicar a actividade programada con sendas peonís e pequenas explanadas para a práctica de deporte afeccionado; 7.735 m2 para unha praza pública; 7.962 m2 para estacionamentos públicos con capacidade para 334 vehículos; e 2.744 m2 para completar a rúa Vila de Negreira cunha senda peonil e carril bici, dar continuidade á rúa Álvarez de Sotomayor e conectar coas rúas Lagoa e Bosque.

Unha vez aprobado de xeito inicial e tras a publicación no Diario Oficial de Galicia, o documento será sometido a información pública durante un prazo de dous meses para que as persoas interesadas poidan consultalo e, no seu caso, formular alegacións. As persoas titulares dos terreos afectados recibirán notificacións individuais. Así mesmo, de xeito paralelo solicitaranse os informes sectoriais preceptivos.

Tracking Pixel Contents