ARTE
Convite a mirar o lixo mariño con outros ollos no Bela Fisterra
O colectivo Retoque Retro expón pezas creadas con plásticos recollidos nas praias

Membros de Retoque Retro amosando unha das súas obras no Bela Fisterra / Cedida
O colectivo artístico e medioambiental Retoque Retro achega ao Hotel Bela Fisterra a exposición enmarcada na Ruta dos Peixes e dos Faros. Será inaugurada o venres ás 18.30 horas e poderá visitarse ao longo de todo o verán.
A mostra presenta unha selección de pezas creadas con plásticos recollidos nas praias galegas e transformadas en criaturas mariñas cheas de cor, humor e mensaxe. Como parte da proposta, ofrécese unha edición limitada de bolsas cun deseño exclusivo que reproduce algunhas das obras expostas. A venda destas bolsas contribúe a financiar o proxecto.
"O Hotel Bela Fisterra, recoñecido polo seu compromiso coa sustentabilidade e o turismo responsable, ofrece un espazo ideal para acoller esta mostra: un hotel ecolóxico, sen plásticos dun só uso, que aposta pola arte, a lectura e o respecto pola contorna natural", subliñan dende Retoque Retro.
Este colectivo traballa desde a arte e a reciclaxe para darlle nova vida aos refugallos do mar, convidando a reflexionar sobre o consumo, a contaminación mariña e a beleza das crebas que chegan á costa. A través da súa creatividade, propoñen mirar o lixo con outros ollos.
A Ruta dos Peixes e dos Faros levará esta proposta artística a espazos únicos do litoral galego como a galería Stoupa, de Cee; o Camping do Lago, de Muxía; O Curbeiro, de Camariñas; A Gavilla, de Corcubión, e o Acuario do Grove, entre outros espazos.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La profesora Marina Paredes se despide entre vítores tras 42 años de docencia en el Colexio Compañía de María
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- «Visitar esta zona de la Catedral de Santiago es algo increíble»
- La carrera por el Rectorado de la Universidade de Santiago tendrá cuatro candidatas: Mar Lorenzo no se presenta
- Biotecnología rural a base de castañas: 'Queremos crear una industria de enzimas en Galicia
- Pesar por la muerte de Ramón Martínez-Rumbo, exdirector de Neurocirugía del CHUS y pionero en cirugía del Párkinson


