Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O IES Milladoiro pecha a I Semana Intercultural cunha gran paella solidaria

Ducias de persoas compartiron una paella solidaria a beneficio dun alumno do centro

Paella solidaria no IES do Milladoiro

Paella solidaria no IES do Milladoiro / Cedida

Ames

Cun animado xantar solidario celebrado este venres no pavillón do IES do Milladoiro remataron os actos da I Semana Intercultural organizada polo centro. Ducias de persoas deron boa conta de tres grandes paellas nun evento solidario pensado para recadar fondos a beneficio dun alumno do centro que precisa someterse a tratamento médico.

Asistentes ao xantar solidario no IES do Milladoiro

Asistentes ao xantar solidario no IES do Milladoiro / Cedida

Outro dos momentos álxidos da Semana Intercultural foi a gala celebrada o xoves baixo o lema do IES Somos diferentes, somos referentes. No acto participaron, entre outros, os artistas Mondra e Guadi Galego. Teatro, danza, actividades científicas, exposicións, obradoiros de cociña e de serigrafía de camisolas, demostracións deportivas e de baile ou presentacións literarias foron outras actividades que se desenvolveron esta semana no centro.

Tracking Pixel Contents