'Agility', pastoreo e concursos caninos amenizarán a Feira Semana Verde
O certame celebrará a súa edición número 47 do 5 ao 8 de xuño en Silleda

Exhibición canina do Tercio Norte de Infantería de Marina / CEDIDA
A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que celebrará a súa edición número 47 do 5 ao 8 de xuño, segue dando a coñecer as actividades que compoñerán o seu programa, entre elas exhibicións e demostracións caninas que reunirán centos de exemplares de numerosas razas.

Exhibicións caninas en Abanca Semana Verde 2024 / CEDIDA
Exhibicións e concursos
No ring do recinto feiral de Silleda non faltará o agility, da man da Federación Galega de Caza e Canedupo, con actividades para nenos os dous primeiros días, exhibicións para público xeral durante a fin de semana, probas oficiais da liga autonómica e a Copa Abanca. A elas sumaranse exhibicións de habilidade canina.
Xa o domingo 8 a Federación Galega de Caza organizará unha Mostra de Cans de Caza, na cal se irán exhibindo de forma individual exemplares de diversas razas de caza mentres se explican as súas características.
Pola súa banda, a Sociedade Canina Galega levará a beleza canina á feira, coa competición Best In Show no XVIII Concurso Nacional Canino. E a Unidade Cinolóxica do Terzo Norte de Infantería de Marina realizará unha demostración con exercicios e simulacións para amosar como traballa. Tamén se celebrará o XXXI Concurso Monográfico de Can de Palleiro. Como novidade, levarase a cabo unha exhibición de pastoreo de ovellas con cans border collie.
- La compostelana Televés lanza una nueva generación de antenas preparada para la televisión del futuro y las redes 5G
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El pueblo gallego que se cubrirá de flores este fin de semana: ideal para recorrer a pie y con una fiesta de Interés Turístico Internacional
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- Donde comen seis: la familia que desafía la baja natalidad compostelana
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- Más de 200 joyas del British Museum llegan al Gaiás con ‘Voces del Pacífico’

