Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ACCIDENTE

Tres feridos nunha colisión na estrada AC-442 en Vimianzo

Foron trasladados ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee

Vehículos accidentados na estrada AC-442 en Vimianzo

Vehículos accidentados na estrada AC-442 en Vimianzo / Consorcio

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vimianzo

Un novo accidente nas estradas de Vimianzo deixou tres feridos tras colisionar dous vehículos que circulaban pola estrada AC-442, que une Berdeogas e A Boudañeira (Dumbría). Todos eles foron trasladados ao Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee.

Ata o lugar foron mobilizados os bombeiros do parque provincial de Cee, logo de recibir a alerta do 112 Galicia ás 13.20 horas sinalando que non había persoas atrapadas.

Os bombeiros colaboraron na regulación do tráfico ata a chegada dos axentes da Garda Civil e na retirada dun dos vehículos da estrada.

Tracking Pixel Contents