PARLAMENTO
Acordo unánime para solicitar a humanización da N-550 en Padrón
O PP asegura que é unha actuación necesaria por razóns de seguridade

O deputado do PP, Ángel Rodríguez, no centro, no Parlamento / PP
O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade a proposición non de lei do PP a través da que se solicita ao Goberno de España que execute con carácter de urxencia as obras de humanización do tramo da estrada N-550 ao seu paso pola Ponte, en Padrón, revisando e actualizando o proxecto realizado no seu día para, de ser o caso, incorporando todas as obras necesarias para a mellora da seguridade viaria e peonil, e renovando a sinalización e mellora da iluminación deste treito.
O deputado popular Ángel Rodríguez manifestou que «estamos a falar dunha actuación necesaria por razóns de seguridade viaria, xa que as estatísticas de mobilidade apuntan que por este treito da N-550 circulan diariamente, de luns a venres, unha media de preto de 14.500 vehículos, entre turismos e camións».
En concreto, lamentou «a deficitaria seguridade viaria na zona, con múltiples fochancas, deterioro xeral do pavimento, desgaste da pintura da sinalización horizontal, insuficiente iluminación e graves carencias en materia de accesibilidade e seguridade peonil».
«A esta situación engádese que moitos dos peóns que pasan por esa zona son peregrinos que empregan esta vía para acceder ao centro de Padrón», manifestou asimesmo o deputado do grupo popular.
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- Fallece el empresario Isaac Rosón Ferreiro, hermano de la socialista Mercedes Rosón y padre del director xeral de Pesca de la Xunta
- Los vecinos de Conxo alertan de que la senda entre Santiago y O Milladoiro incumple normas de Patrimonio
- Los vecinos de los okupas de Bertamiráns temen un efecto llamada: 'Estamos desesperados. No los queremos aquí
- Investigan la aparición de un cadáver en una acera de Boiro
- La Ascensión vuelve a cabalgar entre equinos, pulpo y tradición popular en Amio
- La ganadería de Trazo entre las diez de España con vacas más productivas: 'Cuidamos su descanso, el ordeño e intentamos tener la granja impoluta
- Problemas para el tráfico en Santiago: el túnel del Hórreo estará cerrado la próxima semana por la noche

