POLÍTICA MUNICIPAL
O BNG de Ames esixe investimentos e planificación en deporte
Pedirá no pleno que se concreten as prioridades e necesidades das infraestruturas

Reunión do BNG cos representantes dos clubs e asociacións deportivas de Ames / Cedida
Tras unha xuntanza mantida cos clubs e asociacións deportivas, nas que se expuxeron as carencias e necesidades coas que se atopan diariamente, o BNG de Ames presentará ao pleno deste mércores 28 de maio unha moción para reclamar que se actúe decididamente en materia deportiva.
“A promoción do deporte e de ocupación do tempo libre é unha competencia propia das entidades locais. Os concellos deben investir en deporte como prevención en saúde física e mental. Ademais de fomentar os bos hábitos nas condutas adolescentes”, manifesta a voceira Escarlata Pampín.
Os nacionalistas pedirán que se elabore un documento no que se analicen, dun xeito exhaustivo, as prioridades e necesidades das infraestruturas deportivas, e que se estableza unha planificación concreta con previsión dos investimentos en instalacións no concello en cada ano desde o presente e, polo menos, ata final do actual mandato municipal.
"O Goberno municipal ten que elaborar un plan de mantemento das instalacións deportivas de cara a evitar que se produzan estragos indesexados que ocasionen graves prexuízos nas infraestruturas e tamén, en consecuencia, nos clubs deportivos e nas asociacións que fan uso delas”, afirma Escarlata.
"Teñen que compartir con estas entidades os proxectos de mellora das instalacións antes da súa execución para asegurar, de xeito conxunto, a idoneidade dos mesmos. Hai que evitar actuacións non efectivas que, en moitos casos, empeoran as condicións das instalacións para a práctica deportiva das persoas usuarias", engade.
A moción do BNG pide tamén que a curto prazo, e ante a falta de espazos para a práctica deportiva, se fagan as xestións oportunas para que se poidan empregar, por parte dos clubs e asociacións, tódolos pavillóns dos centros educativos do concello. “Por exemplo, no pavillón do CEIP A Maía non é posible levar a cabo a práctica deportiva de xeito efectivo durante os días de choiva e vento, que son moitos, xa que non conta co peche dos laterais adecuado e o chan resulta esvaradío e perigoso", explica Pampín.
O BNG de Ames considera que se deben empregar os pavillóns municipais para eventos non deportivos, unicamente cando sexa inevitable e, no caso de facelo, proceder do xeito máis áxil posible coa posta e retirada do chan de goma para causar os menores prexuízos posibles ós clubs e asociacións deportivas que teñen que cancelar os seus adestramentos.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre


