FORMACIÓN
Ensinarán aos escolares da Laracha as técnicas da reanimación cardiopulmonar
Profesionais do centro de saúde local brindaranlles tamén asesoramento nutricional

Reunión da mesa interinstitucional contra a violencia na Laracha / C. L.
A mesa de traballo sobre coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero nos sectores da sanidade e do ensino do Concello da Laracha xuntou este mércores profesionais de sectores clave na prevención e abordaxe desa problemática social.
Por parte do Concello asistiron a edil de Igualdade, Rocío López, a directora do Centro de Información á Muller (CIM) e persoal técnico das áreas de Igualdade e Servizos Sociais. Tamén participaron membros das forzas e corpos de seguridade —comandante de posto da Garda Civil da Laracha e axente do equipo VioGén de Carballo—, responsables dos centros de ensino -directores e orientadores- e profesionais do centro de saúde da Laracha -xefe de servizo e pediatra-.
Por primeira vez participou nesta mesa a coordinadora do Centro de Crise 24 horas para vítimas de violencia sexual de Ferrol, que expuxo de xeito pormenorizado o funcionamento e os obxectivos destes novos recursos especializados, o perfil das persoas que acoden a eles, a tipoloxía dos profesionais que os atenden e os protocolos de derivación directa que implican de xeito directo aos colectivos presentes na reunión.
Noutra orde de asuntos, os representantes do centro de saúde aproveitaron a sesión para amosar a súa disposición para colaborar coa comunidade educativa mediante a realización de sesións formativas sobre reanimación cardiopulmonar (RCP) e nutrición nos centros escolares, co propósito de que o alumnado reciba nocións básicas sobre esas cuestións de interese.
Ademais, informouse de que o luns estará no IES Agra de Leborís un posto informativo da campaña Agresión off, eu digo non á violencia sexual impulsada pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Consellería de Política Social e Igualdade. A iniciativa pretende sensibilizar e concienciar sobre a importancia de rachar coas condutas violentas e non igualitarias, tanto nas relacións sociais como de parella, principalmente entre a xente moza.
A sesión concluíu cunha análise conxunta de casos e situacións de especial vulnerabilidade co obxectivo de reforzar a coordinación e definir actuacións eficaces entre os distintos axentes implicados.
Desde o Concello da Laracha agradecen "a implicación e compromiso de todos os sectores profesionais presentes, cuxo traballo conxunto resulta esencial para avanzar na prevención e atención integral ás vítimas da violencia de xénero". A próxima reunión periódica desta mesa de traballo quedou fixada para o 1 de outubro.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión


