Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PROXECTO

Carballo promove un centro experimental de gastronomía

Será un espazo equipado para actividades culinarias, formativas e divulgativas

Xosé Regueira, esquerda, e Evencio Ferrero asinaron o convenio

Xosé Regueira, esquerda, e Evencio Ferrero asinaron o convenio / D. Coruña

Carballo

Carballo contará cun laboratorio de cociña e un centro experimental de gastronomía local nos mercados, grazas a un proxecto enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Os Fogóns dos Anllóns, da Deputación da Coruña, e financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinaron este xoves o convenio de colaboración para a posta en marcha desta iniciativa. O organismo provincial encargarase da contratación da execución do proxecto, que conta cun orzamento de 30.000 euros, financiados integramente pola UE.

Regueira asegura que con esta intervención «búscase poñer en valor a gastronomía como un recurso estratéxico para o desenvolvemento turístico, apostando pola creación dun espazo dotado co equipamento necesario para actividades culinarias, formativas e divulgativas».

Contémplase como un recurso para a creación de produtos e experiencias turísticas, mediante a dotación de equipamento de cociña que permita unha inmersión dos turistas nunha contorna adecuada. «A nosa estratexia pasa por situar a gastronomía como principal destino, que ademais de atraer visitantes é quen de contribuir á mellora socioeconómica da contorna, xerando oportunidades para a veciñanza, fomentando o emprendemento da mocidade e contribuíndo á fixación de poboación», engadiu.

Neste sentido,este proxecto «é un claro exemplo de posta en valor dos nosos produtos e produtores e produtoras, e tamén deses espazos que son comunidade, historia e identidade: os mercados», subliña Regueira.

Ademais, preténdese fortalecer o sector da restauración mediante accións formativas que lles permitan incorporar os valores culturais e gastronómicos do territorio á súa oferta, así como favorecer a participación de produtores de quilómetro 0 e cociñeiros da zona na promoción dos produtos locais.

Tracking Pixel Contents