Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Fundación Rosalía presenta unha residencia literaria de intercambio con Inglaterra

O escritor elixido pasará dúas semanas na Lower Brinsop Writers House en Hereford

Lower Brinsop Writers House en Hereford

Lower Brinsop Writers House en Hereford / Cedida

Padrón

A Fundación Rosalía de Castro anunciou este sábado a posta en marcha, por primeira vez, dunha residencia para escritores en galego en colaboración coa autora británica Fiona Sampson e a Lower Brinsop Writers House en Hereford (Inglaterra) arredor do poeta metafísico inglés Thomas Traherne e a propia Rosalía.

Os obxectivos deste intercambio literario son a promoción da produción literaria galega e a proxección internacional da figura de Rosalía de Castro e da cultura galega. A través desta proposta, o escritor seleccionado poderá dispor dun espazo axeitado para o cultivo da imaxinación, o pensamento e a creación literaria.

O escritor elixido pasará dúas semanas en Hereford, onde traballará, do 10 ao 23 de agosto, no proxecto literario presentado. Do mesmo xeito, a autora británica Fiona Sampson pasará en Padrón o mesmo tempo pulindo a súa vindeira obra.

Poderá presentarse calquera escritor en galego que teña unha obra publicada. O xurado, nomeado pola Fundación e formado por escritores, avaliará as candidaturas en base á traxectoria literaria e á calidade da proposta presentada. O prazo de presentación remata o 15 de xullo deste 2025.

Tracking Pixel Contents