Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Inauguran en Padrón un mural pictórico e escultórico en homenaxe a Cela

Está situado na parede do antigo Bar Espitún, onde paraba o escritor

Mural adicado a Cela

Mural adicado a Cela / Cedida

Padrón

A Fundación Pública Gallega Camilo José Cela inaugurou este venres o mural colaborativo adicado ao escritor. A inicitiva forma parte do proxecto Esas nubes que pasan, de Paula Cabaleiro, e foi realizado polo colectivo artístico Cestola na Cachola, o escultor Román Corbato e a poeta Yolanda Castaño. Plasmouse nunha fachada de Iria Flavia, Padrón, a escasos metros da Fundación: a parede do antigo Bar Espitún, onde paraba Cela e a súa familia.

A obra, combina unha parte pictórica cunha escultórica para, como destaca Paula Cabaleiro, «amosar esa personalidade polifácetica do autor».

No mural pódese ver a Cela escribindo e unha escea da película de La Colmena na que fixo un cameo. No mesmo tamén hai alusións aos Papeles de Son Armadans e ao Viaje a la Alcarria.

Tracking Pixel Contents