Oroso e Ordes promocionan os recursos do Camiño Inglés
Participaron na oitava feira de Primavera celebrada en Miño, onde se xuntaron os dezoito concellos polos que discorre a ruta xacobea

Representantes dos 18 concellos polos que pasa o Camiño Inglés / Cedida
O parque da Rúa de Miño acolleu este sábado o acto inaugural da oitava edición da feira Primavera no Camiño Inglés, unha cita xa consolidada que reúne aos 18 concellos polos que discorre esta ruta. Organizado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña, o evento tivo como obxectivo dar a coñecer os atractivos turísticos, culturais, naturais e gastronómicos da ruta que conecta Ferrol con Santiago.
A inauguración contou coa presenza do alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, como anfitrión, así como co presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e o deputado provincial de Deportes, Antonio Leira. Xunto a eles, asisitiron alcaldes, alcaldesas e representantes institucionais dos 18 municipios polos que discorre o Camiño: Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago.
Durante a xornada, cada un dos concellos presentou a súa oferta turística a través de postos informativos, degustacións de produtos típicos locais, showcookings en directo, presentacións literarias e actuacións musicais.
«Esta celebración é un exemplo de como o Camiño Inglés é moito máis que unha ruta de peregrinación; é un eixo vertebrador que nos une e nos permite compartir o mellor de nós mesmos», explicou Vázquez Faraldo.
Pola súa parte, Bernando Fernández destacou «a importancia da cooperación entre concellos para poñer en valor un Camiño que non só forma parte da nosa historia, senón que é tamén unha oportunidade de futuro para as nosas vilas e cidades».
Por outra banda, Antonio Leira puxo en valor o traballo dos concellos e da asociación por consolidar unha cita anual, que «converte o Camiño nun espazo de encontro, participación e posta en valor do que nos une como territorio».
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson