Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames celebra este sábado un novo Encontro Intercultural

Será en Bertamiráns e habrá degustación de pratos típicos, actividades infantís e actuacións musicais

Leonardo Pena e Uxía García, na presentación do Econtro Intercultural

Leonardo Pena e Uxía García, na presentación do Econtro Intercultural / Cedida

Ames

A praza da Maía, en Bertamiráns, acollerá este sábado 7 de xuño, desde as 14.00 horas, un novo Encontro Intercultural. No mesmo, os asistentes poderán degustar pratos típicos de diferentes nacionalidades realizados pola veciñanza de Ames, procedentes de distintos países como Venezuela, Perú, Colombia, Guatemala, Guinea Ecuatorial, Marrocos, Siria, Exipto ou Cabo Verde, entre outros.

Ademais, durante a xornada tamén haberá actividades infantís para os máis pequenos e actuacións musicais a cargo dos integrantes da Asociación de Peruanos de Santiago e do grupo Batuko Tabanka, que foi creado no ano 2000 en Burela, e está formado por catorce mulleres caboverdianas residentes en dita localidade.

Cartel do Encontro Intercultural de Ames

Cartel do Encontro Intercultural de Ames / Cedida

«Trátase dunha xornada de intercambio cultural con esas persoas que xa son de Ames, pero proceden doutras países», explicou a concelleira de Benestar Social, Uxía García, que engadiu que se trata dunha cita para «compartir e intercambiar experiencias».

Pola súa banda, o técnico de mediación intercultural, Leonardo Pena, engadiu que «temos no concello persoas de máis de 60 nacionalidades convivindo con nós, ás que queremos dar visibilidade».

Tracking Pixel Contents