Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Xunta destaca a aposta de 'El Huevo de la Abuela' pola modernización das súas instalacións en Melide

A empresa foi beneficiaria, no 2023, das axudas á transformación e comercialización de produtos agrarios

Belén do Campo, segunda pola esquerda, durante a súa visita ás instalación de Ecocentro en Melide

Belén do Campo, segunda pola esquerda, durante a súa visita ás instalación de Ecocentro en Melide / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Melide

A delegada da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo, puxo en valor este luns a aposta pola innovación e modernización de 'El Huevo de la Abuela', durante a visita ás instalacións de Ecocentro no Monte Pedroso, na parroquia de Leboeiro (Melide). Trátase dunha explotación de galiñas campeiras que, coa marca comercial 'El Huevo de la Abuela', destaca no mercado pola súa calidade e compromiso co desenvolvemento rural sostible.

Do Campo estivo acompañada pola directora territorial da Consellería do Medio Rural, Nieves Mancebo, e destacou que a empresa foi beneficiaria, en 2023, das axudas da Xunta á transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader).

Belén do Campo, centro, durante a súa visita ás instalación de Ecocentro en Melide

Belén do Campo, centro, durante a súa visita ás instalación de Ecocentro en Melide / Cedida

Estas subvencións permitiron acometer o acondicionamento interior da zona administrativa: a implantación dunha nova liña de clasificación e envasado de ovos cun rendemento de 60.000 ovos/hora; a incorporación de tecnoloxía avanzada en detección de impurezas, fisuras, cor e textura; e a automatización con robots para o desapilado de bandezas, paletizado e xestión de palets baleiros.

A delegada da Xunta subliñou que esta empresa ten na actualidade a capacidade de envasar 180.000 ovos diarios os 365 días do ano de produción propia. A empresa familiar Ecocentro, fundada en 2017, comezou no ano 2019 a actividade de clasificación e envasado de ovos no seu centro propio baixo a denominación 'El Huevo de la Abuela'.

A representante do Goberno autonómico lembrou que na convocatoria desta orde do ano 2024, en concorrencia competitiva, aprobáronse 62 proxectos, con axudas concedidas por máis de 23 millóns de euros en Galicia, das cales 14 achegas foron para empresas da provincia da Coruña por un importe de case 2,8 millóns de euros a executar entre 2024-2025 e 2026.

Tracking Pixel Contents