Éxito de participación na primeira ruta teatralizada 'Terras da Raíña Lupa' por Teo, Brión e Rois
Máis de medio cento de persoas mergullaronse nas lenas celtas e romanas da zona

Participantes na rura teatralizada 'Terras da Raíña Lupa' / Cedida
Máis de medio cento de persoas participaron este domingo na primeira edición da ruta teatralizada Terras da Raíña Lupa, unha actividade singular que combinou natureza, patrimonio e teatro en paraxes emblemáticos dos concellos de Teo, Brión e Rois.
A proposta cultural, conducida polo guía Suso Martínez, comezou no Cruceiro de Francos e percorreu espazos de gran valor histórico e paisaxístico como a Carballeira de Francos, a Ponte de Paradela, a aldea abandonada de Cabanas, o mítico Castro Lupario e Angueira de Castro, ata rematar nos arredores do Pazo do Faramello e o seu simbólico Xardín do Recordo.
Durante a ruta, os asistentes tiveron a oportunidade de revivir lendas celtas e romanas, mergullarse nas historias dos antigos habitantes da zona e mesmo interactuar con personaxes históricos, como o soldado romano Lucio Pinario, interpretaado en vivo no escenario natural do Castro Lupario.

Representación do soldado romano Lucio Pinario no Castro Lupario / Cedida
Esta actividade forma parte das asociacións de promoción do xeodestino Terras de Santiago, impulsadas polo GDR Terras de Compostela, co obxectivo de dinamizar o turismo sostible e poñer en valor o patrimonio cultural da comarca.
A ruta terá unha nova oportunidade de participación o domingo 7 de setembro, unha segunda convocatoria que promete repetir o éxito desta primeira edición.
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Augas de Galicia sanciona al Concello de Santiago con 300.000 euros tras mediciones en el río Sar
- El bar a 20 minutos de Santiago donde Netflix rodó una de sus series más vistas: 'Fue una experiencia flipante
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- El aeropuerto de Santiago pierde uno de cada tres pasajeros con respecto al año pasado