PATRIMONIO
Liberan de maleza o único menhir da Costa da Morte, situado na Laracha
O Concello pretende así favorecer as visitas ao patrimonio municipal

A limpeza da contorna do menhir estase a facer baixo control arqueolóxico / C. Laracha
O Concello da Laracha está a acometer labores de limpeza e acondicionamento na parcela na que se atopa o menhir de Erboedo, o único exemplar deste tipo do que se ten constancia na Costa da Morte e que forma parte do patrimonio municipal.
Os traballos, que se realizan baixo control arqueolóxico, consisten na roza da vexetación e limpeza do contorno coa fin de preservar a visibilidade do menhir e asegurar a súa correcta integración paisaxística.
"O obxectivo final é poñer en valor este destacado elemento para que se atope nas mellores condicións posibles para animar á veciñanza a visitalo e coñecer o legado histórico larachés", subliñan dende o goberno local.
Con esta iniciativa o Concello reafirma o seu compromiso coa protección, conservación e difusión do patrimonio cultural do termo municipal, "promovendo ao tempo o coñecemento da historia local e fomentando o turismo sostible vinculado aos bens culturais".
- La construcción del Ensanche Norte para 3.609 viviendas obliga a expropiar 90.000 metros cuadrados de fincas en la otra punta de Santiago
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- Ni un solo ladrillo: así es la espectacular Casa Caracola a una hora de Santiago que desafía la arquitectura
- Treinta camiones al día, 63.500 t de residuos y 50.947 m3 de aguas industriales: los peros a la planta de biogás de A Laracha, en cifras
- Santiago arrasa en los Premios 'Próximos' de Arquitectura: estas son todas las obras distinguidas
- Héctor Galán y la plantilla ACB del Obradoiro: “Quintela, Barcello y Barrueta tienen contrato para el año”
- Los libros más difíciles de encontrar toman la Alameda de Santiago
- El inesperado detalle del nuevo mural de Touro que desconcierta en redes
