Sete rutas guiadas percorrerán nos vindeiros meses as terras de Arzúa
A iniciativa desenvolverase entre xuño e outubro

Presentación de 'Arzúa camiña' / Cedida
A Concellaría de Turismo de Arzúa vén de poñer en marcha o programa Arzúa Camiña, unha nova iniciativa que convida á veciñanza a descubrir o territorio a través de sete rutas a pé, guiadas e de balde.
As andainas realizaranse en diferentes sábados entre os meses de xuño, agosto, setembro e outubro, e servirán para percorrer algúns dos lugares con máis encanto e riqueza natural do municipio.
O ciclo comezará o 14 de xuño cunha ruta de 15 quilómetros polo sendeiro das Corredoiras. A segunda cita será o 28 de xuño cun percorrido de 12,3 quilómetros por Fonte Santa. O 30 de agosto realizarase a terceira andaina, que comezará na ermida da Mota e conta cunha distancia de 11 quilómetros. O programa continuará o 13 de setembro polo val do Iso, de 12 quilómetros. A quinta cita celebrarase o 27 de setembro pola ruta da fervenza das Hortas, cun percorrido de 17,5 quilómetros. A seguinte será o día 11 de outubro, polo Camiño Francés: Boente-A Calzada, cunha lonxitude de 14 quilómetros. Finalmente, o ciclo pecharase o 25 de outubro cunha ruta polo embalse de Portodemouros de 12,5 quilómetros.

Rutas de 'Arzúa camila' / Cedida
Para participar é necesario inscribirse previamente na oficina de Turismo, no teléfono 981 50 80 56 ou no correo info@turismoarzua.gal.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España