Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Concello de Frades aproba unha transferencia de 33.500 € para mellorar infraestruturas viarias e peonís

A medida foi aprobada por unanimidade na sesión ordinaria do mes de maio

Pleno de Frades

Pleno de Frades / Cedida

Frades

O Concello de Frades aprobou por unanimidade unha transferencia de crédito de 33.500 euros na súa última sesión ordinaria de maio. O obxectivo é xerar os fondos necesarios para afrontar o pago da parte municipal dunha subvención solicitada á Xunta para o arranxo dunha estrada entre Castiñeiro Redondo e Marzoa, en colaboración co Concello de Oroso, e a construción dunha senda peonil en Añá.

"Son subvencións que aínda non están concedidas pero temos que dotar economicamente a parte que lle corresponde afrontar ao Concello de Frades", sinalou o alcalde, Roberto Rey.

Os 33.500 euros proceden da partida de gastos de persoal, que non se cubrirá. En concreto, 25.000 euros destinaranse á obra da estrada que conectará Castiñeiro Redondo e Marzoa, cuxa tramitación xa está en marcha; mentres que os 8.500 euros restantes serán empregados para habilitar unha senda peonil en Añá, que unirá o cemiterio coa Igrexa.

Durante a mesma sesión plenaria, tamén se deu conta do período medio de pago do primeiros trimestre de 2025, que se situou en 8,18 días.

Tracking Pixel Contents