Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O dúo musical Barahúnda presenta en Brión o seu libro ‘Fremosas’

O contacontos ‘Cantaruxa, Caruxa’ pecha o venres o programa Maio Cultural

Helena de Alfonso, centro, e José Lara Gruñeiro

Helena de Alfonso, centro, e José Lara Gruñeiro / Cedida

Brión

O dúo musical Barahúnda, formado por Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro, presentará este xoves, ás 20.00 horas, na sala municipal de exposicións de Brión o libro Fremosas: cantigas de amigo e de amor. A presentación, que contará coa participación do actor Lucho Penabade, será de acceso acceso libre e de balde ata completar o aforo.

Fremosas: cantigas de amigo e de amor é o quinto traballo de Barahúnda e foi editado por Toxoutos en galego e castelán. O libro xira en torno ás cantigas medievais galego-portuguesas de amigo e de amor, cancións que poden descargarse a través dos códigos QR que inclúe a publicación. O libro está composto por once cancións, sete delas xa aparecían en discos anteriores e catros son novas composicións.

A presentación desta obra forma parte da programación do Maio Cultura, organizada polo Concello de Brión e que incluíu trece actividadades culturais moi vairadas como unha homenaxeás cantareiras polo Día das Letras, a entrega da sétima edición do premio Laudamuco, un concerto da banda municipal de Brión e varias sesións teatrais e de contacontos.

Peche do Maio Cultural

Precisamente un contacontos, nesta ocasión da man de Aída Cobas con Cantaruxa, Caruxa, será o encargado de pechar este programa este venres 6 de xuño, ás 18.00 horas, na sala municipal de exposicións de Brión.

A actuación, patrocinada polo programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia, está dirixida a un público familiar con nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, e trátase dun espectáculo de narración oral que supón un achegamento ás mulleres maiores que preservaron e transmitiron a nosa poesía popular oral. A entrada é de balde, aínda que é preciso reservar entrada en https://bibliotecadebrion.blogspot.com/.

Tracking Pixel Contents