O melidense Fernando Vázquez Arias clausura na Coruña o ciclo ‘Estreas na Academia’
O director de orquestra galego dá a coñecer este martes seis novas composicións

O director de orquestra Fernando Vázquez Arias / Cedida

O director de orquestra melidense Fernando Vázquez Arias clausura este martes, ás 20.00 horas, o ciclo monográfico Estreas na Academia cun novo concerto na Real Academia Galega de Belas Artes ubicada na cidade da Coruña, o cuarto que realiza neste espazo desde que o pasado mes de xaneiro puxera en marcha o seu último proxecto musical.
O concerto, titulado Homenaxes e Viaxes Musicais, supón para Vázquez "culminar un proxecto importante" na súa traxectoria. Nel, o compositor natural de Melide dará a coñecer seis pezas diferentes da súa autoría dedicadas a persoas moi importantes na súa vida, tanto a nivel persoal como profesional, e a espazos que influiron na súa obra.
Entre elas atópanse títulos como Concerto para violoncello e piano, en honor a súa esposa María Josefa Martínez Carmona; Costa da Caparica, para violoncello e piano, que rende homenaxe a ese paraxe lisboeta; Tres Caprichos Nostálxicos, para frauta soa, dedicada ao frautista Fernando Raña; Soños Fugaces, para piano, obra coa que Vázquez honra ao seu sobriño Anass Sniba Vázquez; Bagatela Viaxeira, para piano, peza coa que o director de orquestra melidense quere recoñecer a labor de Reyes Silva, compañeira de Vázquez no conservatorio da Coruña; e, finalmente, Fantasía para clarinete e piano, en honor a Nilo García Armas, colaborador habitual nos concertos dun Fernando Vázquez Arias que sinala a EL CORREO GALLEGO que o acto deste martes é un acto "moi especial" que mostra un "agradecemento aos músicos que queren tocar músicas novas". En especial, a aqueles que, durante máis dun ano, fixeron todo o posible para por en marcha o ciclo monográfico Estreas na Academia, un ciclo de concertos que remata este martes, pero que Vázquez pretende completar próximamente co lanzamento dun vídeo da súa obra Camiño dos Faros, creación coa que o director de orquestra melidense quere render homenaxe á Costa da Morte.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego