O BNG pide unha reforma "inmediata" da N-550 en Ordes para mellorar a seguridade
O deputado nacionalista, Néstor Rego, reclama a Transportes que "atenda as demandas veciñais"

Representantes do BNG de Ordes ao paso da N-550 pola localidade / Cedida
O deputado do BNG, Néstor Rego, acompañado polo grupo municipal nacionalista liderado por Pablo Vidal, a responsable comarcal da organización, Elvira Cienfuegos, e a deputada do BNG no Parlamento galego, Iria Carreira, avanzou este mércores en Ordes o rexistro de iniciativas nas Cortes do Estado para que o Goberno leve a cabo actuacións de mellora na N-550 ao seu paso pola localidade.
«O Ministerio debe atender as demandas veciñais que lle foron achegadas a través dos pregos de sinaturas e iniciar, canto antes, as necesarias melloras», sinalou Rego, que engadiu que os problemas que presenta a estrada «precisan dunha atención inmediata».
Entre as actuacións máis urxentes, o deputado destaca que é preciso «analizar as alternativas para lograr unha incorporación segura desde a parroquia de Pereira». Entre as propostas están «a creación dun novo carril» ou a «instalación dunha rotonda».
Tamén piden dende o BNG facilitar o cruzamento da vía entre os núcleos de Moscoso e A Reboira a través da habilitación dun paso subterráneo.
Por outro lado, a organización nacionalista demanda iniciar as actuacións para abrir novas vías de servizo en Canedo, A Piolla ou Axás para «contribuír á mellora da seguranza viaria».
- Os Biosbardos, la innovadora huerta ecológica coruñesa que surte a Inditex y prepara un 'Amazon de leira'
- Sobrevivir a flote: la historia de un okupa con permiso para vivir en un viejo barco
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- El chiringuito a 40 minutos de Santiago con un jardín secreto bajo los árboles: así es el rincón más caribeño de la ría de Arousa
- La Ascensión vuelve a cabalgar entre equinos, pulpo y tradición popular en Amio
- La precampaña se sienta al pulpo en la carballeira de Santa Susana el día de la Ascensión
- Casa 2M e Medio
- La Xunta dará «ayudas directas» a promotores para construir viviendas