Melide aproba a Conta Xeral de 2024 con resultados positivos e sen débeda bancaria
A agrupación Os Meliados e o doutor Eladio García Rodríguez, a título póstumo, serán distinguidos coas Medallas de Ouro do Concello

Corporación municipal de Melide durante o Pleno / Cedida
O Concello de Melide celebrou este mércores 4 de xuño a súa sesión plenaria ordinaria, na que se aprobaron varios asuntos relacionados coas finanzas municipais como a Conta Xeral do Exercicio 2024 ou un Plan Económico Financieiro.
O concelleiro de Facenda, Xosé Igrexas, destacou a "solidez das contas municipais", con resultados positivos na maioría de magnitudes. Así, Igrexas subliñou que o remanente de Tesourería de 2024 ascende a 4.036.605,80 euros, case 34.000 euros que o ano anterior, a pesar de ter gastardo 1,8 millóns do remanente ao longo do exercicio. "Unha magnitude máis que positiva que demostra a solvencia económica do Concello", aseverou.
Por outro lado, tamén descatou o incremento do aforro neto, que acadou os 1.567.654,10 euros, máis de 450.000 € por riba do ano anterior. Ademais, o resultado orzamentario positivo foi de 1.226.663,31 euros, case cinco veces superior ao rexistrado en 2023.
Tamén destacou Igrexas que, no relativo ao período medio de pagamento, o Concello destaca "como unha das entidades que menos tempo tarda en facer fronte a estas obrigas", situándose en 0,85 días.
Por outra banda, a única magnitude que conta cun resultado negativo é a Estabilidade Orzamentaria, que se pechou en 2024 cun saldo negativo de 53.293,54 €, vinte veces menor que o de 2023. "Foi un gran esforzo conseguir este dato nun só ano e quedamos moi preto de conseguir un resultado positivo", explicou Igrexas.
Para afrontar esta situación, o Pleno tamén aprobou un Plan Económico Financieiro (PEF) para os exercicios 2025 e 2026. O plan inclúe medidas correctoras "sinxelas" e que "non repercuten" na veciñanza, e que consisten no control da anualidade orzamentaria, o compromiso dun remanente de Tesouraría positivo e o non financiamento a través de préstamos.
Medallas de Ouro do Concello
Durante a sesión ordinario deste mércores aprouse por unanimidade a concesión da Medalla de Ouro do Concello á agrupación Os Meliados, polos seus 25 anos de traxectoria cultural "levando o nome de Melide por todas partes", e ao doutor Eladio García Rodríguez, a título póstumo, polo seu compromiso coa localidade.
- La orquesta que quiere devolver a las verbenas las canciones que marcaron a toda una generación
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- La infracción de tráfico más repetida en Santiago deja más de 600 denuncias en solo un año
- El primer parking subterráneo público de Ames, de pago, listo en O Milladoiro
- El delegado del Gobierno sobre la transferencia de la AP-9 a Galicia: 'Creo que seremos capaces de llegar a un acuerdo
- «É unha máis da familia»: el quinto verano de Mariam en Ames