O Concello de Vimianzo reabre a rúa Braña da Grixa tras concluír a súa rehabilitación integral
Mellorouse o firme, renováronse a rede de saneamento e a iluminación, fixéronse beirarrúas e creáronse 67 prazas de aparcamento

Imaxe da rúa tras as obras de rehabilitación integral. / Cedida
O Concello de Vimianzo rematou as obras de rehabilitación integral e repavimentación da rúa Braña da Grixa, no treito comprendido entre a AC-552 e a esquina coa rúa Codeseiras. Este xoves procedeuse á reapertura do tráfico rodado na zona.
A actuación incluíu a ampliación da calzada e a mellora do firme, a renovación da rede de saneamento, a execución de sendas peonís e a instalación de novos sistemas de iluminación. Ademais, no marco desta intervención, habilitáronse un total de 67 prazas de aparcamento.
Deste xeito, os traballos, que contaron cun orzamento de 166.102 euros, permitiron renovar completamente a estrada, ao tempo que se crearon novas prazas de aparcamento e beirarrúas, mellorando de xeito notable a seguridade peonil.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, subliñou que se trata dunha actuación "moi importante, coa que melloramos de maneira notoria as condicións de seguridade dos veciños e veciñas da zona e o ordenamento da seguridade viaria”.
Engadiu que, ademais, “permitiunos seguir coa nosa aposta por darlle protagonismo aos peóns, garantindo a súa seguridade ao proporcionarlle un espazo seguro para camiñar. Ao mesmo tempo, aumentamos o volume de prazas de aparcamento, algo moi demandado”.
A rexedora agradeceu a “colaboración de todos os veciños e veciñas da zona pola súa comprensión durante a execución das obras”.
Con esta actuación, desde o Concello de Vimianzo reafirman o seu compromiso coa mellora de infraestruturas e coa creación de espazos máis accesibles e seguros.
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
