Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames analiza o presente e o futuro das comunidades enerxéticas locais

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este mércores unha xornada aberta na que se abordaron diversas cuestións relacionadas co marco xurídico e co financiamento destas entidades

Pola esquerda, Amoedo, Bautista, Márquez e Sánchez. |  Cedida

Pola esquerda, Amoedo, Bautista, Márquez e Sánchez. | Cedida / Cedida

Ames

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu onte unha xornada aberta sobre o presente e o futuro das comunidades enerxéticas. A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o alcalde de Ames, Blas García; e o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo, foron os encargados de abrir a xornada, e destacaron a importancia das administracións públicas no asesoramento para crear comunidades enerxéticas e os beneficios que ditas entidades poden xerar para a veciñanza.

«As comunidades enerxéticas non só achegan enerxía limpa e de proximidade, senón que tamén contribúen ao aforro das familias, pemes e administracións, xerando beneficios económicos, sociais e ambientais para o conxunto da veciñanza», subliñou María Rivas, que puxo como un «exemplo inspirador» o traballo realizado polo concello amesán coa creación da súa Oficina de Transformación Comunitaria.

Ademais, destacou o convenio de colaboración entre o Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE), o Concello de Ames e a Deputación da Coruña para o desenvolvemento das actividades desta oficina, cun investimento total de 145.200 euros.

Pola súa banda, o rexedor destacou a «importancia de aporedar á veciñanza» para unirse ás comunidades enerxéticas. «Que os concellos se poidan sumar ás comunidades enerxéticas supón ter un aforro en enerxía, iso permítenos poder dedicar ese diñeiro a outros gastos que tamén son importantes, que acaban redundando en beneficio da veciñanza», engade.

María Rivas e Blas García

María Rivas e Blas García / Cedida

Por outra parte, Javier Antelo, explicou que dende o Concello levan traballando «neste tipo de políticas de aforro enerxético dende fai anos». «É importante que as administracións actuemos como catalizadores e impulsores, pero sempre colaborando como un máis coa veciñanza».

No primeiro bloque temático abordouse a afectación xurídica das comunidades enerxéticas. Falouse dos incovenientes, garantías e demais aspectos legais e xurídicos. Nesta mesa de debate, moderada por Hugo Sánchez, responsable da área xurídica da OTC Ames, interviñeron Juan Bautista Suárez Ramos, viceinterventor da Deputación da Coruña; Adrián J. Márquez Caramés, secretario do Concello de Betanzos; e Carlos Amoedo Souto, catedrático E.U. Dereito Administrativo na Universidade da Coruña.

No segundo apartado abordouse a transición enerxética e o funcionamento da OTC-Ames. Para elo contouse con expertos na posta en marcha dunha comunidade enerxética que explicaron a súa experiencia: Ernesto Ares Yáñez, da comunidaade enerxética Xerando; Ramón Rodríguez Rodríguez, da comunidade Arousa en Transición; e Antonio Fernando Malvar Cortizo, da comunidade de Buchabade. Esta mesa estivo moderada por Iván Andrade, director técnico de Ergal e responsable técnico da ORC-Ames.

Programas e axudas

No terceiro e último apartado da xornada varios expertos da administración pública amosaron os distintos programas de actuacións, financiamentos, achegas e demais axudas para a creación de comunidades enerxéticas. Nesta mesa redonda, que estivo moderada por Pedro Tasende, director de Aporta Comunicación, participaron Javier Domínguez González, director Enerxía do INEGA, e María Lamelas Torrijos, técnica da área de proxectos da FEGAMP.

Tracking Pixel Contents