A ANPA do CEIP nº 1 de Melide reclama a saída do E-Dixgal
Denuncia que o centro ignorou o sentir das familias

Alumnos con sus ordenadores portátiles del programa E-Dixgal / MARTA G. BREA
A ANPA O Forte do CEIP Nº 1 de Melide vén de pedir por escrito ante a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, da Consellería de Educación, a exclusión do centro do programa E-Dixgal.
A asociación de nais e pais de alumnos explica que, á hora de prorrogar a participación do centro no modelo de libro dixital, as familias non foron tidas en conta, malia a enquisa que lle fixeron chegar á dirección e que amosa un «claro rexeitamento» ao E-Dixgal e á recollida de sinaturas que levaron a cabo e que representa «algo máis da metade do alumnado do colexio».
«As familias sentímonos ninguneadas por parte desa Consellería por non prever na normativa o preceptivo estudo da continuidade ou non no Consello Escolar e tamén polo colexio por non ter escoitado a opinión nin a voz das familias», sinala no escrito a presidenta da asociación, Susana Seijas.
A ANPA explica que, de non obter resposta, levará «este atropelo» ante a Valedora do Pobo. A asociación de proxenitores dálle de prazo á Consellería ata o vindeiro venres día 13 para dar unha resposta.
Do contrario, ameaza con «outras accións» para acadar os seus obxectivos. «As familias tamén somos parte importante da comunidade educativa e merecemos ser escoitadas», conclúe o escrito.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España


