PATRIMONIO
Convite para descubrir a historia das antigas telleiras da Laracha
O Concello organiza o sábado un roteiro guiado polo escritor Xabier Maceiras

Traballadores e traballadoras nunha antiga telleira da Laracha / C. Laracha
O Concello da Laracha convida a sumarse o sábado, día 14 de xuño, ao roteiro As telleiras da Laracha, unha proposta cultural que conxuga patrimonio, memoria histórica e identidade local nun percorrido único pola pegada das antigas telleiras no territorio larachés.
A xornada comezará ás 9.30 horas, coa saída en autobús desde a Praza Les Sables d’Olonne da Laracha. O itinerario inclúe visitas aos principais puntos vencellados á fabricación artesanal de tellas e á obtención da materia prima. A primeira parada será no Cancelo, na parroquia de Cabovilaño.
Seguidamente visitarase o entorno da factoría de Cerámica Campo no parque empresarial. A continuación pasarase por Estramil e A Barreira antes de facer unha parada no campo da feira de Paiosaco, un dos lugares que foron referentes na comercialización das tellas.
Tras visitar a zona das Rañeiras, concluirase na Laracha, en dúas rúas ás que dan nome dous empresarios do sector como foron Epifanio Campo e José Manuel Ferreira Penedo.
O percorrido estará guiado polo escritor, documentalista e divulgador Xabier Maceiras, autor do libro As telleiras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño, que ofrecerá en cada punto explicacións sobre os espazos nos que existiron as telleiras, as persoas vinculadas a elas e o contexto histórico e social deste importante sector tradicional da Laracha.
A inscrición é gratuíta e teñen preferencia os empadroados no concello da Laracha ao ser as prazas limitadas. As persoas interesadas poden anotarse cubrindo o formulario en liña, de forma presencial no Concello ou chamando ao teléfono 981 605001.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias


