INCLUSIÓN
A Laracha crea puntos de lectura LGTBI en tres bibliotecas polo Mes do Orgullo
O obxectivo é ofrecer un espazo de sensibilización e respecto á diversidade

Representantes do espazo de Participación Infantil e Adolescente na biblioteca da Laracha / C. L.
O Concello da Laracha vén de poñer en marcha unha iniciativa para visibilizar a literatura con temática LGTBI nas bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión. Con motivo da celebración do Mes do Orgullo, habilitáronse puntos de lectura específicos que reúnen unha ampla selección de obras relacionadas con esa temática.
Os puntos de lectura inclúen títulos de poesía, narrativa e teatro dirixidos ao público infantil, xuvenil e adulto. «O obxectivo é ofrecer un espazo visible e accesible que contribúa á sensibilización, inclusión e respecto pola diversidade, ademais de fomentar o achegamento á cultura LGTBI a través da lectura», sinalan dende o Concello.
Estes puntos permanecerán dispoñibles durante todo o mes de xuño e poden visitarse libremente nas instalacións das tres bibliotecas municipais.
Os membros do Espazo de Participación Infantil e Adolescente (EPIA) tamén se implicaron na iniciativa, visitando o punto de lectura da biblioteca municipal da Laracha para coñecelo de primeira man e facer propostas para mellorar e ampliar este tipo de accións no futuro. Todas as persoas interesadas poden achegarse xa aos tres centros de lectura para consultar as obras dispoñibles.
Compromiso coa igualdade
«Con esta actuación o Concello reafirma o seu compromiso coa igualdade, a inclusión e os dereitos das persoas LGTBI», subliñan dende o Goberno local, que preside José Manuel López.
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Del Benidorm Fest a la verbena gallega: El Combo Dominicano recupera a su estrella
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Ir a 80 km/h por el centro de Santiago: de ser sanción a enfrentarse a prisión
- Una pasarela salvará la senda entre Milladoiro y la Intermodal de Santiago
