Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames mellora o auditorio de Bertamiráns "cunhas instalacións municipais renovadas e modernas"

O contrato das obras, adxudicado á empresa Sergio González, ascendeu aos 55.787,97 euros

Mellora da iluminación no auditorio de Bertamiráns

Mellora da iluminación no auditorio de Bertamiráns / Cedida

Ames

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, vén de renovar o equipamento de artes escénicas no auditorio da casa da cultura de Bertamiráns.

Nunha primeira fase, o pasado ano, modernizouse o sistema de iluminación, mentres que na segunda, este 2025, executouse a modernización do sistema de son e vídeo coa instalación de novos altofalantes, un amplificador, unha nova mesa de son, un proxector con óptica nova e unha pantalla de proxección.

O importe do contrato ascendeu a un total de 55.787,97 euros e foi adxudicada á empresa Sergio González Taboada.

Mellora da iluminación no auditorio de Bertamiráns

Mellora da iluminación no auditorio de Bertamiráns / Cedida

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, incide "na importancia de contar cunhas instalacións municipais renovadas e modernas, xa que son necesarias para desenvolver a ampla programación cultural que ofrecemos ao longo do ano. Somos un Concello que ofrece unha programación moi variada e para iso temos que dispor dunhas instalacións nas mellores condicións posibles para que as compañías, grupos e asociacións veciñais poidan realizar as súas representacións e eventos sen atrancos".

Esta actuación únese á executada en 2022 no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, adxudicada por 57.001,89 euros.

Tracking Pixel Contents