Ugía Pedreira leva a Bertamiráns o seu último disco, "unha hibridación das culturas e a innovación"
Este sábado 14 ofrecerá un concerto na casa da cultura

Pola esquerda, Rosa Moreiras, Valentín García, Ugía Pedreira, Blas García e María Vázquez / Cedida
O Pazo da Peregrina acolleu este mércores a presentación oficial do concerto que A Pedreira ofrecerá este sábado 14 na casa da cultura de Bertamiráns. A cita servirá como carta de presentación do novo traballo da agrupación liderada por Ugía Pedreira: Basal, un disco que fusiona música tradicional galega con estilos contemporáneos.
Na presentación participaron o alcalde de Ames e concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística, Blas García; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez; a técnica do Servizo de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras; e a propia Ugía Pedreira.
Precisamente, a artista sinalou que as cancións están inspiradas nas mulleres da súa vida: "Dende miña nai co canto popular que herdou do seu avó, ata a miña filla con diversidade funcional e que ten un oído especial para a música". "Creo que traballar sobre o que son as bases da música tradicional permíteche unha dose de creación moi ampla", engadiu, lembrando que o disco conta con "fusións con varios estilos musicais".
Na mesma liña, Valentín García subliñou que "é moi positivo" contar con propostas como a de Ugía Pedreira. Así mesmo, destacou que Basal representa "a hibridación das culturas e a innovación con novas técnicas musicais con novas formas de proxectar". Por último, resaltou que "facer atractivo algo tan patrimonial como é a nosa tradición oral, pero en formatos distintos, é fundamental para preservar no futuro a nosa cultura e a nosa lingua".

Presentación do concerto de A Pedreira en Bertamiráns / Cedida
Pola súa banda, o rexedor amesán subliñou que "a base coa que organizamos as nosas actividades, sobre todo dentro da nosa promoción cultural, sempre vai na liña da promoción da nosa lingua, do galego, porque consideramos que é fundamental e que temos que continuar a traballar para que a nosa cultura e a nosa lingua chegue a todo o mundo".
Basal, un disco con galardóns
Acompañada por Lorena Cachito (batería, percusións e coros), Alejandro Vargas (teclado e sintetizadores) e Mauricio Caruso (guitarra eléctrica), este espéctaculo é unha viaxe continental entre a rave e a foliada, o club de jazz e a discoteca dos 80.
Este último traballo de A Pedreira foi galardoado co premio na categoría Canción de autora nos XII Premios Martín Códax da Música 2025, así como nominada aos Premios de la Música Independiente e aos Premios de la Academia de la Música de España 2025.
- Hallan el cadáver de una mujer en la huerta de la vecina de la rúa das Hortas que desapareció el jueves
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Concello de Santiago ordena el cierre de las oficinas de la Unión de Artesanos
- La Xunta edificará las primeras viviendas públicas de Santiago con técnica industrial: 7 millones para 34 pisos en Santa Marta
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- Buscan figurantes en Santiago para una nueva película: estos son los curiosos requisitos
- Arzúa se une para pedir arreglos por las obras de la autovía a Lugo y Melide exige su apertura con garantías
- La guía 50 Top Pizza reconoce por primera vez a una pizzería gallega: está en Santiago