A Coral Polifónica de Santa Cruz de Ribadulla celebra os seus 30 anos de historia cun concerto
Foi o pasado sábado 7 de xuño na nave da estación da parroquia vedresa

Coral Polifónica de Santa Cruz de Ribadulla / Cedida
A nave da estación de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra, converteuse o pasado sábado 7 de xuño nun templo onde gozar da música e da emoción, coa celebración do 30 aniversario da Coral Polifónica de Santa Cruz de Ribadulla.
Foi unha cita marcada pola gratitude, a memoria e o entusiasmo dun público entregado, que ateigou o espazo para acompañar a agrupación nesa data tan especial.
O evento contou cun cartel de luxo. No acto participaron, ademais da anfitroa, a Coral Polifónica Confraría de Pescadores San Martiño do Grove, o Obradoiro de Voces Libredón e a Coral Polifónica de Berres. Cada unha das formacións participantes achegou ao escenario o seu estilo nunha xornada na que a música coral foi a gran protagonista.
A Coral de Santa Cruz naceu no ano 1995, aínda que as súas orixes xa se encontran moito antes, nos anos cincuenta, cando xa existía na parroquia un coro.
Con todo, este foi perdendo forza e non foi ata mediados da década dos 90 cando o párroco Antonio Maceira propuxo recuperar esa iniciativa e creou a Coral Polifónica de Santa Cruz de Ribadulla. Dende entón, nestas tres últimas décadas emerxeu como unha figura clave para manter viva a tradición musical na localidade.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
- El embarcadero 'de cuento' que enamora en Galicia: oculto en un pazo a cuarenta minutos de Santiago
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- Cuatro jóvenes heridos en un accidente con tres vehículos implicados en Ribeira