Medio Rural pagou máis de 5 millóns a gandarías afectadas pola covid das vacas
María José Gómez visitou este mércores a explotación A Ferreira en Val do Dubra

Belén do Campo e María José Gómez, segunda e terceira pola dereita, durante a súa visita na Ferreira / Cedida
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou este mércores a explotación A Ferreira, en Val do Dubra, onde explicou que a Consellería fixo efectivo a comezos desta semana o pago de máis de cinco millóns de euros a preto de 2.560 gandeiros galegos afectados pola Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE), coñecida como a "covid das vacas".
Estes fondos servirán tanto para compensar as mortes dos animais que deron positivo nesta enfermidade como para subvencionar os custos dos tratamentos veterinarios e desinfectantes dos animais e das instalacións das granxas afectadas en 2023 e 2024.
Cada explotación recibiu preto de 2.000 euros de media, aínda que máis dunha trintena de granxas percibiron contías superiores aos 8.000 euros. A titular de dito departamento autonómico sinalou tamén que as contías por animal falecido van desde os 400 €, por bovino menor de catro meses, ata os 1.600 para os de idade maior ou igual a 18 meses e menores de 120.

Belén Do Campo e María José Gómez durante a súa visita á explotación de A Ferreira / Cedida
Axudas para a recría de razas autóctonas ameazadas
Ademais, durante a visita á explotación en réxime extensivo e de razas autóctonas, a conselleira informou que este xoves se publicará no Diario Oficial de Galicia a primeira convocatoria de subvencións específicas destinadas á recría de razas autóctonas de gando bovino e ovino-caprino ameazadas, cun orzamento de 390.000 euros.
Na mesma liña, a titular de Medio Rural destacou o papel que desenvolven granxas como A Ferreira para producir alimentos saudables, sostibles e de calidade, así como tamén para manter o territorio coidado, xestionando de forma natural a biomasa, algo que axuda, ademais, a previr incendios forestais. No caso da explotación dubresa, conta con corenta e sete vacas cachenas e con cinco reprodutoras de cabra galega.
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Los entrenadores de Ilia Topuria abren en Santiago su esperado gimnasio la semana que viene
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados
- Denuncian el caos creado por los sentidos únicos en Bertamiráns
- Un incendio en un edificio de Pontepedriña atrapa a uno de sus vecinos: los bomberos trabajan en el lugar
- Nivel rojo por la crecida del Sar y Tambre desbordado en Ames con su molino en jaque

