URBANISMO
A Laracha urbaniza o entorno da igrexa parroquial de Lestón
Habilitará un espazo con dobre función: praza pública e aparcamento

O Concello urbanizará a contorna da igrexa de San Martiño de Lestón / C. Laracha
A Xunta de Goberno Local da Laracha aprobou con carácter provisional o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a futura urbanización do entorno da igrexa parroquial de San Martiño de Lestón.
O Concello dá así un paso máis para unha ampla e completa actuación que ten por finalidade a creación xunto á igrexa de Lestón dun espazo que, polas súas características e equipamentos, fará a dobre función de praza pública e zona de aparcamento con capacidade para sesenta turismos e tamén autobuses.

Igrexa parroquial de San Martiño de Lestón / Concello da Laracha
O ámbito contará con franxas vexetais que actúen como elementos de transición entre os diferentes espazos e cunha nova rede de iluminación pública en báculos. Tamén se contempla a mellora da accesibilidade peonil cara o adro e o cemiterio, e das conexións viarias, enlazando as dúas estradas que conflúen no igrexario de Lestón e o comunican coa AC-552 en Rañeiras e Fofelle.
Ademais, o Plan Especial prevé a cualificación axeitada do solo contiguo ao cemiterio para posibilitar, se fose necesario nun futuro, a súa ampliación. Tras a aprobación provisional, o documento será elevado ao pleno para a súa aprobación definitiva, momento no que o Concello estará en disposición de iniciar a expropiación de catro parcelas.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias

