Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

VEDRA

San Fins de Sales cita equinos e cabaleiros este domingo na Ruta Cabalar Río Pereiro

Haberá un xantar na Carballeira do Souto e actuará Raquel Pallares

Participantes nunha edición anterior da ruta cabalar

Participantes nunha edición anterior da ruta cabalar / Río Pereiro

Redacción

Ames

O vindeiro domingo, día 15 de xuño, terá lugar a vinte e dúas edición da Ruta Cabalar Río Pereiro San Fins de Sales, en Vedra. É, segundo os seus promotores, unha cita «co amor polo mundo do cabalo e a beleza das paisaxes do municipio vedrés».

Cartel promocional da Ruta Cabalar Río Pereiro San Fins de Sales

Cartel promocional da Ruta Cabalar Río Pereiro San Fins de Sales / Cedida

Este ano será ademais un encontro solidario, xa que a organización, que corre a cargo da Asociación Cabalar Río Pereiro, colaborará coa Fundación Andrea Galopecero. Tanto os que participen na ruta como calquera persoa que desexe colaborar poderán facer doazóns a través da conta ES64-2100-4876-0322-0004-4308.

A xuntanza comezará ás 09.30 horas cun almorzo e media hora despois partirá a ruta cabalar. Ás 14.30 horas, os asistentes compartirán mesa e mantel nun xantar na Carballeira do Souto, a base de polbo á feira, churrasco mixto, ensalada, postre e café a cargo de Pulpeira Crisóstimo.

Na sobremesa faranse varios sorteos solidarios. O custo é de 37 euros para persoas adultas e de 17 € para a cativada (ata os 14 anos).

Como en toda boa festa, este ano non faltará tampouco a animación musical, que correrá a cargo da artista Raquel Pallares.

Os organizadores contan, unha edición máis, coa colaboración do Concello de Vedra.

TEMAS

Tracking Pixel Contents