Oroso suma unha nova centenaria: Áurea Maroño Carballeiro
Ao longo da súa vida compaxinou o traballo como ama de casa co de gandeira

Áurea Maroño Carballeira acompañada por Álex Doval, Perfecto Rodríguez e Lidia López / Cedida
Oroso conta desde este xoves 12 de xuño cunha nova centenaria. Áurea Maroño Carballeiro, veciña da parroquia da Gándara e natural de Piñeirón, que soprou as candeas polo seu 100 aniversario.
Ao longo da súa vida, compaxinou o traballo como ama de casa co de gandeira, especialmente no coidado de vacas. Ademais, é nai de dous fillos, avoa de cinco netos e bisavoa de tres bisnetos, converténdose nunha "figura moi querida e respectada na contorna".
Para conmemorar este fito, o alcalde de Oroso, Álex Doval, e a concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Lidia López, achegáronse ao seu domicilio para felicitala personalmente e facerlle entrega dun agasallo institucional. Na visita tamén estivo presente o director do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, Perfecto Rodríguez, quen destacou a importancia das persoas maiores na construción do tecido social galego.
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- David Arcay y Manuel Ramos 'sobreviven' al frío y al viento en A Fervenza para proclamarse campeones gallegos de lago
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
