ARTESANÍA
Un castelo no que ensinan a palillar, fiar o liño, modelar o barro e crear barcos
Os artesáns que traballan na fortaleza de Vimianzo compartirán coñecemento este verán

Castelo de Vimianzo / Concello de Vimianzo
O castelo de Vimianzo será o escenario este verán de obradoiros de artesanía e visitas teatralizadas. As actividades comezarán o 21 de xuño co Ciclo do liño, ás 17.00 horas, promovido por Amigos do Liño. O 12 de xullo, será a quenda de Contas de vidro con Esther Ferreiro; o 19 Panillada coa Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas; e o 26 Modela co barro con Obradoiro Lista.
En agosto, Chema Suárez dirixirá o obradoiro Barcos e nasas (día 2);a AAVV O Santiaguiño de Carreira impartirá Tecendo o liño (día 16); Obradoiro Lista ensinará a modelar o barro (día 23); e As Nemanquiñas amosarán as técnicas do palillo (día 30). En setembro, será a quenda de Arte en Palla de Baíñas (día 6), e de Aspadex, que impartirá un obradoiro de encadernación (día 13). As inscricións poderán facerse en www.vimianzo.gal/turismo e as prazas serán limitadas.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Santiago encara un nuevo día sin autobuses urbanos en pleno temporal: los piquetes impiden salir a los servicios mínimos
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo
- Lavacolla se pone en obras: cuenta atrás para un cierre total que agudizará la crisis del aeropuerto de Santiago
