Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INVESTIMENTOS

Máis de 660.000 euros para novas infraestruturas e servizos en Muxía

As actuacións centraranse en melloras viarias, saneamentos e dotacións deportivas

Javier Sar e Sandra Vilela na Alcaldía de Muxía

Javier Sar e Sandra Vilela na Alcaldía de Muxía / Cedida

Muxía

O Concello de Muxía puxo en marcha un plan de actuacións por valor de 663.871,39 euros que permitirá mellorar servizos básicos e infraestruturas.

As intervencións, que contan con financiamento procedente de plans como o POS ou subvencións da Xunta de Galicia, inclúen a pavimentación da pista AC-440 en Cebráns; a construción dunha pista polideportiva en Quintáns; a mellora da pista de Cebráns a Añobres; as obras de mellora de viais e saneamento en Frixe; o acondicionamento da pista de Xurarantes á Fonte do Bico; a renovación do pavimento da senda peonil en Lago; a rehabilitación do lavadoiro de Vilamaior; e a mellora dos camiños interiores de Merexo.

O alcalde e concelleiro de Obras, Javier Sar, salienta que «cada euro investido nestas actuacións está pensado para dar solucións concretas á veciñanza, en zonas que levaban anos agardando por melloras. O noso compromiso co rural é firme, e estas obras son un reflexo desa aposta».

A tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Asociacionismo, Sandra Vilela, destaca que «estas actuacións melloran a vida diaria das persoas, fan máis seguros os desprazamentos, achegan espazos de deporte e lecer, e reforzan servizos esenciais como o saneamento».

Tracking Pixel Contents