FORMACIÓN
A EFA Fonteboa cumpre medio século de formación de profesionais agrogandeiros
A taxa de inserción laboral do seu alumnado é case do 100%
A conselleira María José Gómez subliñou «a importancia da FP para o impulso do rural»

García, esquerda, Gómerz e Vila na EFA de Coristanco / Xunta de Galicia
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada do alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, e o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Manuel Vila, presidiu o acto de clausura dos ciclos formativos do Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa, que celebra medio século de traxectoria formando aos profesionais «que fan avanzar o campo galego», subliñou.
Dende 1975 ofrece ensinanzas de ESO, Formación Profesional e programas de formación continuas adaptados ás necesidades do territorio. A conselleira recoñeceu «o labor das escolas familiares agrarias, fundamentais para mellorar as condicións de vida e de traballo no rural a través da formación». Destacou asemade a formación profesional como «elemento esencial para garantir o desenvolvemento do rural».
Cualificar e profesionalizar o sector primario, engadiu, «é clave para crear emprego e fixar poboación no medio rural».
No curso 2024/25 rematan a súa etapa formativa 127 alumnos da EFA Fonteboa de Coristanco, vinculados aos ciclos de grao medio de Produción Agropecuaria e de Guías de Natureza; así como aos de grao superior de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal, Paisaxismo e Medio Rural, e Transporte e Loxística.
O centro bergantiñán destaca polo elevado nivel de inserción laboral dos seus titulados, cunha taxa próxima ao 100%.
«Estar ben formados tamén propiciará que se poida acceder a traballos mellor remunerados ou a dirixir de xeito mais profesional os negocios propios», sinalou a conselleira. Ademais, engadiu que os sectores agrícola, gandeiro e forestal requiren profesionais altamente cualificados para asegurar a súa eficiencia, rendibilidade e competitividade.
Por outra banda, Gómez apelou á colaboración entre a administración, os centros de ensino e as empresas como peza fundamental para impulsar o dinamismo do rural. A conselleira recoñeceu o papel das empresas na formación do alumnado e destacou en particular a presenza do Grupo Lence, que este ano apadriña a promoción, referente no sector lácteo galego e español.
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- La patronal acepta la mediación pero de momento la huelga de buses se mantiene en Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?
